Dado que as prácticas en empresas teñen como obxectivo aplicar o aprendido ao longo do máster a unha área concreta, as competencias da materia neste caso coinciden coas da titulación, malia que nas prácticas se exercitarán as requeridas para as tarefas que en cada caso se lle asignen ao estudante. De maneira xeral, coa realización das prácticas académicas externas preténdese acadar os seguintes fins:
- Contribuír á formación integral dos estudantes complementando a súa aprendizaxe teórica e práctica.
- Facilitar o coñecemento da metodoloxía de traballo adecuada á realidade profesional en que os estudantes se integrarán, contrastando e aplicando os coñecemientos adquiridos.
- Favorecer o desenvolvemento de competencias técnicas, metodolóxicas, personais e participativas.
- Obter unha experiencia práctica que facilite a inserción no mercado de traballo e mellore a súa empleabilidade futura.
- Favorecer os valores da innovación, a creatividade e o emprendimento. |
|
B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B10 B11 B12
|
C17 C18 C19 C20 C28 C29 C30 C31 C32 C33 C34 C35 C36 C37 C38 C39 C40 C41 C42 C43 C44 C45 C46 C47 C48 C49 C50 C51 C52 C53 C54 C55 C56
|
|