Bloque I: contidos específicos |
Unidade I.1: Videoxogos. Historia
Esbozo da historia dos videoxogos, desde a chamada primeira xeración (1972) até a época actual, con especial énfase nas xeracións sétima e oitava, así como no PC como sistema de lecer multimedia.
Unidade I.2: Xéneros. Características
Clasificación tipolóxica dos videoxogos en función das súas características: simuladores deportivos, acción/aventura, estratexia, xogos en liña multixogador, etc.
Unidade I.3: A industria. Estrutura
Importancia económica da industria do lecer multimedia. Estrutura dunha empresa tipo. Deslocalización e globalización. Localización, calidade e tradutores in-house.
Unidade I.4: O desenvolvemento e a localización de videoxogos.
O concepto e as implicación da localización no desenvolvemento de videoxogos. Elementos traducibles e niveles de localización. |
Bloque II: contidos comúns |
Unidade II.1: Textos multimodais
O videoxogo como texto multimodal. Aspectos semióticos. A non liñalidade como condicionante do proceso de tradución. Paratextos do videoxogo: embalaxes, manuais de usuario, contratos de licenza, webs e comunidades en liña.
Unidad II.2: Elementos traducibles
O texto en pantalla. Variables e concatenacións. Contido adicional. Manuais. Contido sonoro e guións. Formatos de traballo e linguaxes de programación.
Unidad II.3: O proceso e as ferramentas da localización
Etapas do proceso de localización. Formatos de traballo. Recursos e ferramentas informáticas aplicadas á localización. A folla de preguntas ou queries. |