Estudo de casos |
O alumno disporá dun elevado número de estudos de caso (dobraxes existentes) que lle permitirán desenvolver o seu espírito crítico e xustificar as distintas posturas de tradución que pode adoptar ante as distintas dobraxes. |
Lección maxistral |
Na lección maxistral da semana presencial explicaranse polo miúdo e exemplificaranse algúns dos contidos teóricos que se porán en práctica en estudos de caso seleccionados. |
Resolución de problemas de forma autónoma |
O alumnado terá que resolver problemas específicos da tradución para dobraxe a partir de microtextos, partindo da descrición do problema e propoñendo solucións para lograr unha tradución funcional. |