Esta materia concíbese como un espazo didáctico que servirá ao alumno, en primeiro lugar, para reflexionar sobre os aspectos interculturais que afectan á tradución multimedia nas súas distintas modalidades e, en segundo lugar, para adquirir as competencias que lle permitirá atopar solucións adecuadas non só no contexto da súa actividade como tradutor senón tamén na súa faceta de mediador no sentido máis amplo do termo.