Guia docente 2024_25
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española
 Materias
  Galego estándar: Aplicacións profesionais no mundo dixital
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas con apoio das TIC Durante o cuadrimestre iranse desenvolvendo diferentes actividades prácticas que serán avaliables. É preciso que se vaian entregando dentro dos límites temporais que se indiquen.
21 A2
B2
B3
C6
C7
D3
Saídas de estudo Ó longo do curso realizaranse, sempre que se dean as condicións, diferentes saídas a contornas profesionais concretas (editorial, medios de comunicación, servizos de normalización ou investigación...); se non fose posible, serán os/as profesionais quen se despracen ata a FFT ou interveñan a través do campus remoto. 8 A2
B2
B3
Proxecto O alumnado levará a cabo, individualmente ou por parellas, un proxecto que consistirá na elaboración dunha presentación con diapositivas (que deberá incluír fragmentos de audio/vídeo), a partir dunha (ou dúas, se o traballo é por parellas) entrevista con algún/ha profesional relacionado coa lingua galega fóra do ámbito universitario (nalgún dos eidos obxecto de estudo nesta materia). O resultado presentarase na aula (3%). Cada estudante deberá entregar tamén un breve formulario en que reflexione sobre a experiencia, as dificultades e a súa intervención no proxecto. 33 A2
B3
C6
C7
D1
D3
Observación sistemática Valorarase a asistencia regular cunha participación activa nas aulas. 5 C6
C7
D1
D3
Traballo O traballo, individual ou por parellas, centrarase nalgún aspecto da lingua galega (que se concordará co profesor) dende a perspectiva profesional -e eminentemente práctica- desenvolvida nesta materia. A data límite de entrega coincidirá coa data oficial do exame na FFT (en cada unha das dúas edicións das actas). Aínda que non estea concluído realizarase unha pequena presentación (3%) o último día de aulas (ou na data do exame oficial na segunda edición das actas), seguindo as indicacións que se proporcionen. Cada estudante entregará tamén un breve formulario para reflexionar sobre a experiencia e a súa intervención concreta no traballo. 33 A2
B3
C6
C7
D1
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Por defecto, enténdese que o estudantado opta por un sistema de avaliación continua; se non fose así, deberá comunicar  nas dúas primeiras semanas do curso a súa intención de se presentar á avaliación única.

-Avaliación continua (para quen (a) asista regularmente ás aulas presenciais e (b) entregue as tarefas respectando os prazos e as indicacións do profesor): para poder facer a media final ponderada, haberá que superar independentemente proxecto, traballo e mais prácticas/saídas de estudo. Todas as prácticas, actividades e traballos solicitados teñen que se entregar, para poder ser avaliados, nos prazos marcados. Aquelas probas que non se superen na primeira edición das actas (xaneiro) poderanse recuperar na segunda edición (xuño/xullo), co límite de entrega situado na data fixada pola FFT para o exame. Se por causa xustificada algún/ha estudante non pode cumprir co requisito (a), deberallo comunicar ó docente, que proporá outras accións compensatorias.

-Avaliación única (admitida pola Universidade de Vigo): poderase superar a materia, en calquera das dúas edicións de actas (xaneiro e xuño/xullo), a través dun exame final escrito [40%] e doutro exame oral [20%] sobre todos os contidos teórico-prácticos da materia, que se realizarán nas datas fixadas pola FFT no seu calendario oficial, e mais de un traballo (seguindo as indicacións que se fornezan) [40%]. Cómpre superar tanto os exames coma o traballo (en cada unha das convocatorias) para poder aprobar a materia. Aínda que se opte por un sistema de avaliación única aconséllase a asistencia ás aulas.

A copia ou o plaxio, total ou parcial, será avaliado cun cero na proba en que se detecte. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o estudantado da súa responsabilidade neste aspecto.

A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.

É responsabilidade do estudantado consultar os materiais dispoñibles na plataforma Moovi (novidades, documentos, cualificacións) e estar ó tanto dos avisos e das datas de realización das diferentes probas.

Tal e como se recolle no parágrafo 4 do artigo 40 do Regulamento sobre avaliación (22/12/2023), o docente "poderá esixir que nos traballos e materiais entregados polo estudantado se inclúa unha declaración explícita na que se asuma a orixinalidade destes, entendida no sentido de que non se utilizaron fontes sen citalas debidamente".
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000