Saídas de estudo |
Trátase de actividades que perseguen a aplicación de coñecementos, preferentemente, nun espazo externo (pero dependerá, obviamente, da dispoñibilidade horaria). Deste xeito o estudantado poderá coñecer, in situ, como se realiza a práctica profesional, alén de que tamén poderá interactuar cos/as profesionais de cada ámbito visitado. Realizarase un pequeno informe despois da actividade (que se subirá a Moovi). |