Estudo de casos |
A medida que se avance na explicación dos temas do programa, os alumnos/*as deberán resolver casos prácticos nos que se enfrontarán á identificación dos trazos formais e de contido de cada texto proposto polo profesor/a, xustificalos con argumentos coherentes e debater e contrastar as conclusións alcanzadas cos seus compañeiros/*as.
Requírese participación activa dos/*as estudantes. |
Resolución de problemas de forma autónoma |
No período comprendido entre o último día de clase e o día fixado pola Facultade para realizar o exame final, cada alumno/a entregará un traballo sobre algún aspecto, motivo, subtema ou tema do programa.
Valorarase a estrutura e o desenvolvemento do tema
presentado, así como a calidade e corrección na expresión escrita.
O alumno/a contará coa axuda do profesor/a para a elaboración deste traballo, nas horas de tutoría. |