1ª EDICIÓN DE ACTAS (DECEMBRO 2023-XANEIRO 2024)
Avaliación continuaÉ obrigatorio realizar e entregar no prazo establecido as probas marcadas na avaliación. As actividades e problemas non realizados na aula nos días indicados non se avaliarán. A data de celebración do exame coincidirá co día fixado no Calendario de exames establecido pola facultade e publicado na web da FFT. A cualificación na primeira edición de actas dos alumnos e alumnas que opten pola avaliación continua corresponderá ao cómputo das notas obtidas nas probas realizadas durante o curso (debate, problemas e exame). Para superar a materia será necesario obter como mínimo un 4,75 (sobre 10) en total.
Avaliación única
Neste caso, a avaliación realízase mediante un exame único, baseado nos contidos da materia, no que a nota constituirá o 100% da cualificación final. Este exame terá lugar ao final do cuadrimestre, na data fixada no Calendario de exames aprobado pola Xunta de Facultade e publicado na web da FFT. A data desta proba coincidirá na primeira edición das actas coa data na que se realizará o exame para os discentes que opten pola avaliación continua. A escolla desta opción en ningún caso supón a perda do dereito á asistencia. Recoméndase ao alumnado que escolla esta modalidade de avaliación que consulte regularmente os documentos que se irán colgando en Moovi e que acorde titorías regulares coa docente.
2ª EDICIÓN DE ACTAS (xullo 2024)
Na segunda edición de actas a avaliación levarase a cabo exclusivamente mediante un exame único, baseado nos contidos da materia. Este exame terá lugar na data oficial de xullo aprobada pola Xunta de Facultade. Os alumnos e alumnas que non acadasen o aprobado na modalidade de avaliación continua e que se presenten nesta oportunidade de xullo deben ter en conta que non se gardarán en ningún caso as notas das probas de avaliación continua.
O estudantado Erasmus poderá realizar as probas coa axuda dun dicionario.
Tanto no exame coma nas actividades propostas ao longo do curso penalizaranse os erros na expresión. |