Debate |
Durante o cuadrimestre realizaranse tres debates a partir de tres lecturas seleccionadas pola persoa docente. O alumnado debe redactar un resumo, unha pequena valoración crítica e formular cinco preguntas para o debate. |
Resolución de problemas |
Na aula proporanse actividades prácticas e discusións teóricas en relación con diversos puntos da materia nas que debe participar todo ou alumnado. Posto que algúns problemas forman parte da avaliación, a data concreta na que se realizarán indicarase ao longo do curso. |