-Para poder seguir esta materia precísase ter un coñecemento elevado do galego, polo menos un B2. Debería ter cursado a materia de Gramática práctica galega de 2º curso.
-A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un 0 nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o estudantado da súa responsabilidade neste aspecto.
-Na avaliación terase en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.
-É responsabilidade do estudantado consultar os materiais dispoñibles na plataforma MOOVI (novidades, documentos, cualificacións etc.) e estar ao tanto dos avisos e das datas de realización de probas.
-O primeiro día de clase o profesor fornecerá unha bibliografía básica de traballos sobre sintaxe e construción do texto do galego, dos cales o alumnado poderá elixir algúns para resumir, como alternativa ós indicados polo profesor. Así mesmo, ó longo do curso iranse fornecendo outras referencias bibliográficas específicas alén das recollidas nas fontes de información. |