Resolución de problemas |
Durante o curso, o docente especificará que actividades prácticas das propostas son avaliables. Especificamente, o estudante deberá entregar obrigatoriamente a análise sintáctica de 4 textos propostos polo profesorado, o resumo crítico de 3 artigos da "Bibliografía", antes do exame escrito (un dos artigos deberá ser exposto oralmente na aula), e a redacción de 3 textos de diferente tipo. Tamén se valorará a participación activa na resolución e comentario das diferentes
actividades que se fagan na aula. |
40 |
A4
|
B2 B3
|
C8 C10 C14
|
D1
|
Exame de preguntas de desenvolvemento |
Realizarase unha única proba escrita sobre os contidos teórico-prácticos da materia na última semana de clase. É necesario aprobalo para superar a materia. |
40 |
A4
|
B2
|
C8 C10 C14
|
D1
|
Existen dous sistemas de avaliación da materia, aínda que se recomenda a primeira delas: a) AVALIACIÓN CONTINUA, para o alumnado que asista regularmente ás clases presenciais e realice e entregue as tarefas de avaliación indicadas polo profesor en tempo e forma. O traballo titorizado débese entregar, como moi tarde, na data do(s) exame(s) oficiais da materia na FFT. É obrigatoria, antes do último día de clase, a entrega dos 3 resumos críticos das lecturas de 3 artigos da bibliografía (un dos artigos deberá ser exposto oralmente na aula). É tamén obrigada, antes das datas límite que o profesor indique, a entrega de 3 redaccións de textos de diferente tipo e de 4 análises sintácticas. A puntuación final obterase da suma das porcentaxes das puntuacións expresadas arriba (que se deberán superar de xeito independente). En todo caso, para superar a materia na 1ª convocatoria de maio, o/a alumno/a polo menos deberá ter aprobados os apartados "Exame de preguntas de desenvolvemento", que se celebrará a última semana de clase, a resolución de problemas e o traballo titorizado. De non superar a materia na 1ª convocatoria de maio, o/a alumno/a deberá repetir na 2ª convocatoria, en xuño, as actividades de avaliación non superadas e, obrigatoriamente, o "Exame de preguntas de desenvolvemento" se non estiver aprobado, na data oficial que dispoña o calendario oficial de exames da FFT. No caso de que o/a alumno/a renuncie á "Avaliación continua" ou incumpra as condicións esixidas pasará a ser avaliado polo sistema de "Avaliación única". b) AVALIACIÓN ÚNICA. O alumnado que non opte polo sistema de "Avaliación continua", para superar a materia na 1ª convocatoria de maio deberá: (1) examinarse sobre todos os contidos da materia nun "Exame" final único escrito (7,75 p.), que se realizará na data oficial que dispoña o calendario oficial de exames da convocatoria de maio; (2) entregar obrigatoriamente o "Traballo tutelado" (1,5 p.) e (3) ese mesmo día facer unha exposición oral dun artigo da bibliografía da materia (0,75). Para poder superar a materia débense aprobar as tres partes de maneira independente. Na 2ª convocatoria de xuño, o alumnado deberá facer as tres mesmas probas ca na convocatoria de maio, na data oficial disposta pola FFT, ou no seu caso repetir as non superadas ou non entregadas. |