Código |
Descrición |
A2 |
Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
A5 |
Que os estudantado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
B1 |
Capacitación do estudantado para que adquira coñecementos lingüísticos e literarios.
|
B2 |
Adquisición dos fundamentos metodolóxicos e críticos que permitan acceder ao estudantado ao exercicio da actividade profesional cunha formación versátil e interdisciplinar. |
B7 |
Coñecer os métodos básicos do estudo e análise lingüísticos e literarias. |
C3 |
Coñecemento da evolución das formas, medios e xéneros da creación literaria nas literaturas do grao. |
C5 |
Comprensión e coñecemento dos conceptos e métodos da análise literaria e da teoría e crítica literaria para ter unha visión fundamentada e crítica da creación literaria. |
C9 |
Coñecemento da historia, a variación e a situación sociolingüística da lingua galega/española que conleve a comprensión e o respecto polas diferenzas lingüísticas e culturais das distintas comunidades de falantes. |
C14 |
Capacidade para analizar, sintetizar e interpretar un texto en calquera formato con independencia da súa natureza lingüística ou literaria. |
D1 |
Capacidade para comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria. |