Actividades introdutorias |
O primeiro día realizarase un percorrido explicativo polos eixes temáticos, metodoloxías e bibliografía da materia. Entregarase o cronograma.
Os discentes coñecerán os temas sobre os que poderán realizar os traballos escritos de curso.
Darase unha breve panorámica xeográfica (para a variación diatópica) e histórica contemporánea (para a variación diatópica e diafásica). |
Lección maxistral |
O docente exporá os contidos da materia, bases teóricas relacionadas con elas, directrices, explicacións e comentarios para a realización de exercicios prácticos etc. Aconséllase levar ao día os contidos da materia. |