1. AVALIACIÓN CONTINUA
O alumnado ten que seguir a dinámica da materia para poder acollerse a esta modalidade, polo que é obrigatoria a asistencia ás clases prácticas. Ademais, para poder ser calificado nesta modalidade, haberá que entregar ou realizar todas as probas nas datas indicadas
A avaliación consistirá na realización dos traballos estipulados polos docentes e seguirán as seguintes premisas:
PEL: autoavaliación da aprendizaxe, reflexión sobre o proceso formativo e sobre as estratexias empregadas para que a aprendizaxe teña éxito, pero tamén para fomentar a conciencia lingüística e o respecto cara a diversidade.
EXPRESIÓN SIGNADA: capacidade para facer unha presentación breve e fluida, con corrección gramatical, cunha boa articulación dos parámetros formativos dos signos, con cohesión e con interacción co resto do alumnado.
COMPRENSIÓN DE TEXTOS SIGNADOS: capacidade para identificar as ideas principais dos textos e formarse unha idea do contido principal do texto.
ANÁLISE DA LSE: comprensión dos rasgos lingüísticos básicos da LSE e capacidade para analizar os diferentes compoñentes da estructura lingüística dunha lingua signada.
AVISO: A DETECCIÓN DE PLAXIO NALGÚN DOS TRABALLOS PROPOSTOS SUPORÁ A PERDA DO DEREITO Á AVALIACIÓN CONTINUA.
2. AVALIACIÓN GLOBAL
Os alumnos que non fagan avaliación continua farán unha proba final que valerá o 100% da nota, que se realizará nas datas oficiais establecidas polo centro.
Nesta proba haberá unha parte teórica e unha parte práctica que abrague tanto exercicios de comprensión coma de expresión signada e de análise gramatical, semellantes aos desenvolvidos nas aulas da materia.
Avaliarase a competencia signada, comprensión e expresión (60%), a aprendizaxe de contidos (20%) e a aplicación dos coñecementos na análise da lingua (20%)
SEGUNDA OPORTUNIDADE
Na convocatoria de xullo farase unha proba final que valerá o 100% da calificación.
Nesta proba haberá unha parte teórica e unha parte práctica que abrague tanto exercicios de comprensión coma de expresión signada e de análise gramatical, semellantes aos desenvolvidos nas aulas da materia.
Avaliarase a competencia signada, comprensión e expresión (60%), a aprendizaxe de contidos (20%) e a aplicación dos coñecementos na análise da lingua (20%).
A proba realizarase na data oficial establecida polo centro.