1ª EDICIÓN DE ACTAS (MAIO-XUÑO 2024) Avaliación continua É
obrigatorio realizar e entregar no prazo establecido as probas
marcadas na avaliación. Os traballos non entregados ou entregados fóra
de prazo non se avaliarán. A data de celebración do exame coincidirá co
día fixado no Calendario de exames establecido pola facultade e
publicado na web da FFT. A cualificación na primeira edición de actas
dos alumnos e alumnas que opten pola avaliación continua corresponderá
ao cómputo das notas obtidas nas probas realizadas durante o curso
(debate, traballo e exame). Para superar a materia será
necesario obter como mínimo un 4,75 (sobre 10) en total.
Avaliación única Neste
caso, a avaliación realízase mediante un exame único, baseado nos
contidos da materia, no que a nota constituirá o 100% da cualificación
final. Este exame terá lugar ao final do
cuadrimestre, na data fixada no Calendario de exames aprobado pola Xunta
de Facultade e publicado na web da FFT. A data desta proba coincidirá
na primeira edición das actas coa data na que se realizará o exame para
os discentes que opten pola avaliación continua. A escolla desta
opción en ningún caso supón a perda do dereito á asistencia.
Recoméndase ao alumnado que escolla esta modalidade de avaliación que
consulte regularmente os documentos que se irán colgando en Moovi e que
acorde titorías regulares coa docente.
2. SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (xullo 2024)Na
segunda edición de actas a avaliación levarase a cabo exclusivamente
mediante un exame único, baseado nos contidos da materia. Este exame
terá lugar na data oficial de xullo aprobada pola Xunta de Facultade. Os
alumnos e alumnas que non acadasen o aprobado na modalidade de
avaliación continua e que se presenten nesta oportunidade de xullo deben
ter en conta que non se gardarán en ningún caso as notas das probas de
avaliación continua.
O estudantado Erasmus poderá realizar as probas coa axuda dun dicionario.
Tanto
no exame coma no traballo escrito e no resto dos exercicios propostos
ao longo do curso penalizaranse os erros ortográficos, os erros na
expresión, as incoherencias sintácticas, etc. |