É unha materia de seis créditos, que se imparte no primeiro cuadrimestre do segundo curso do grao, e que está concibida como unha continuación das materias Segundo Idioma estranxeiro I e II: Alemán (niveles A1.1 e A1.2), impartidas no primeiro ano, como un curso de iniciación á lingua alemá básica, así como de introdución elemental ao coñecemento da cultura sobre a que se sostén esta lingua. Esta materia é, logo, un paso máis na progresión de coñecementos da lingua cotiá alemá e do seu uso nos países de fala alemá, e de modo principal en Alemaña, Austria e Suíza. Ao superar a materia a/o estudante acadará un nivel A2.1. segundo o Marco Común de Referencia para as Línguas.