Presentación da materia: metodoloxía, contidos e avaliación.
Lección maxistral
Presentación introdutoria de contidos.
Estudo de casos
Presentarase un tema para analizar, individualmente ou en grupo, relacionado coa práctica lingüística ou a realidade cotiá. O alumnado desenvolverá o seu xuízo crítico para analizar as situacións propostas.
Resolución de problemas
Actividade que consiste en explicitar e comentar as solucións aos exercicios que complementan a parte teórica de cada tema.
Seminario
A profesora ou profesor resolverá as dúbidas que teña o alumnado tanto no que se refire aos conceptos introducidos como a forma de resover os problemas ou casos. Para iso, poderá aportar información adicional.
Universidade de Vigo
|
Rectorado |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000