Teoría e práctica da tradución técnico-científica na combinación lingüística alemán-español (tradución directa). É obxectivo fundamental da presente disciplina a capacitación do alumno para traducir con fidelidade comunicativa e corrección expresiva textos especializados dos campos da Matemática, das Ciencias Naturais e da Técnica de alemán para español, recoñecendo as características básicas dos diferentes xéneros textuais e linguas especializadas.