É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma Moovi de estar ao tanto das datas de entrega de traballos, probas, etc. O plaxio ou copia parcial ou total dun encargo ou proba suporá pérdida do dereito a avaliación continua. Considérase plaxio o uso de programas de tradución automática mesmo cando o texto resultante presente algunhas correccións ou estea poseditado. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade.AVALIACIÓN CONTINUA 1- O alumnado deberá informar o profesorado nas dúas primeiras semanas de clase a súa decisión de acollerse á avaliación continua ou non. Para esta recoméndase a asistencia continuada a clase. 2- Aquelas persoas que por motivos de traballo ou familiares non poidan asistir ás clases, deben comunicalo persoalmente á profesora para que esta tome as medidas compensatorias para facilitar a conciliación laboral e familiar. 3- O non entregar algún dos dous encargos ou non realizar algunha das dúas probas implicará a pérdida do dereito á avaliación continua e a anulación de todas cualificacións obtidas anteriormente. Terá que presentarse á convocatoria única 4- O alumnado que se acolla á avaliación continua e obteña unha cualificación de suspenso deberá presentarse á convocatoria extraordinaria de xullo na data publicada polo decanato. Só deberá repetir o encargo e/ou exame da parte que suspendeu (bloque administrativo, bloque económico). AVALIACIÓN ÚNICA E CONVOCATORIA OFICIAL DE XUÑO A convocatoria única de maio e a extraordinaria de xuño constará de: 1- Unha traducción dunhas 500/600 palabras aprox. para a parte de textos administrativos, que se realizara na data oficial da convocatoria respectiva. 50% da nota. 2. Un encargo de traducción para a parte de textos económicos. Para este se dará un prazo dunha semana. Pedirase a xustificación das solucións de tradución. 50% da nota. É necesario aprobar ambas as traducións para obter a media. De non ser así a cualificación será de suspenso. Se na convocatoria de maio só se aproba unha das partes, gardarase esa nota soamente até a convocatoria extraordinaria de xuño. A copia ou o plaxio serán penalizados coa cualificación de 0 que contará para realizar as medias. Todo o material para poder cursar a materia atoparase a disposición do alumnado na plataforma Moovi. |