Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución especializada idioma 2: Administrativa-económica: Francés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas de forma autónoma Realizaranse dous encargos de tradución uno por cada parte do temario.
O primeiro entregarase a mediados de cuadrimestre
O segundo a antepenúltima semana de clase.
É necesario aprobar o encargo de cada parte para facer a media co exame da mesma parte.
40 C2
C3
C4
C8
C9
C14
D2
D6
D17
D22
Prácticas con apoio das TIC Entregaranse unha serie de exercicios que se elaborarán en clase segundo as indicacións das profesoras e os contidos explicados previamente. 20 C2
C3
C4
C8
C9
C14
C28
D2
D6
D22
Resolución de problemas e/ou exercicios Realizaranse dúas traducións en tempo controlado (2 horas) para cada unha das partes do temario.
A primeira será a segunda semana de marzo.
A segunda será na data oficial fixada pola FFT para esta materia.
Cada unha das traducións contará o 50% desta parte. É necesario que cada unha delas supere o 5/10 para poder facer media coas notas das demais actividades.
40 C2
C3
C4
C8
C9
C14
C28
D2
D6
D15
D17
D22
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma  Moovi de estar ao tanto das datas de entrega de traballos, probas, etc.

O plaxio ou copia parcial ou total dun encargo ou proba suporá  pérdida do dereito a avaliación continua. 

Considérase plaxio o uso de programas de  tradución automática mesmo cando o texto resultante presente algunhas correccións ou estea poseditado. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade.

AVALIACIÓN CONTINUA

1- O alumnado deberá informar o profesorado nas dúas primeiras semanas de clase a súa decisión de acollerse á avaliación continua ou non. Para esta recoméndase a asistencia continuada a clase.

2- Aquelas persoas que por motivos de traballo ou familiares non poidan asistir ás clases, deben comunicalo persoalmente á profesora para que esta tome as medidas compensatorias para facilitar a conciliación laboral e familiar.

3- O non entregar algún dos dous encargos ou non realizar algunha das dúas probas implicará a pérdida do dereito á avaliación  continua e a anulación de todas cualificacións obtidas anteriormente. Terá que presentarse á convocatoria única

4- O alumnado que se acolla á avaliación continua e obteña unha cualificación de suspenso deberá presentarse á convocatoria  extraordinaria de xullo na data publicada polo decanato. Só deberá repetir o encargo e/ou exame da parte que suspendeu (bloque administrativo, bloque económico).

AVALIACIÓN ÚNICA E CONVOCATORIA OFICIAL DE XUÑO

A convocatoria única de maio e a extraordinaria de xuño constará de:

1- Unha traducción dunhas 500/600 palabras aprox. para a parte de textos administrativos, que se realizara na data oficial da convocatoria respectiva. 50% da nota.

2. Un encargo de traducción para a parte de textos económicos. Para este se dará un prazo dunha semana. Pedirase a xustificación das solucións de tradución. 50% da nota.

É necesario aprobar ambas as traducións para obter a media. De non ser así a cualificación será de suspenso.

Se na convocatoria de maio só se aproba unha das partes, gardarase esa nota soamente até a convocatoria extraordinaria de xuño.

A copia ou o plaxio serán penalizados coa cualificación de 0 que contará para realizar as medias.

Todo o material para poder cursar a materia atoparase a disposición do alumnado na plataforma Moovi.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000