Guia docente 2024_25
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Interpretación simultánea avanzada idioma 1: Inglés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado As clases prácticas consisten en simulacros de congresos e reunións internacionais. Durante as sesións realízanse diversos exercicios de interpretación simultánea directa e inversa de diferente extensión, dirección, contidos, etc.

Se vigiilará e avaliará o traballo diario do alumnado para controlar o seu rendemento durante os exercicios prácticos de IS en cabina e as actividades complementarias de análise crítica. DARANSE consellos prácticos e indicacións para mellorar o rendemento.

Os estudantes estarán suxeitos ao control permanente de todos os traballos realizados no día a día da aula, que serán avaliados como parte da súa avaliación continua.

Dita avaliación continua (cun valor do 30% sobre o total da avaliación final) realizarase de 3 formas:

(1) a través de escóitas aleatorias que o profesor fará durante as sesións prácticas de clase.

(2) mediante a entrega de gravacións para a súa corrección polo profesor, que entregará un documento coa súa valoración e consellos sobre o traballo do alumnado

(3) mediante escóita dalgunha das súas gravacións durante o horario de tutorías no despacho do profesor.

Mentres que (1) é aleatorio e (2) opcional, (3) é obrigatorio: todo o alumnado está obrigado a ter unha titoría co profesorado para escoitar e avaliar unha das súas gravacións polo menos unha vez ao longo do curso, sendo recomendable, polo menos, unha visita máis.

Recoméndase a todo o alumnado que asistan a todas as sesións de clase.
30
Exame oral Realización dunha proba de interpretación simultánea na direción directa EN-ES/GAL

Para cualificar esta proba valoraranse os seguintes elementos:

1. Técnica: capacidade de escoita activa e análise; toma de decisións respecto da información principal necesaria; estructuración, coherencia e uso de nexos; resolución de problemas. Produción: fluidez; seguridade; compás/ritmo, ausencia de ruídos.

2. Expresión e lingua: calidade xeral da expresión, rexistro, colocacións e terminología.
Corrección lingüística e vocabulario.

3. Contidos: corrección e exhaustividad na transmisión dos contidos.

O valor da directa (IS B-A) será un 70% do total da nota, mentres que o exame de inversa (IS A-B) será o 30% restante.
40
Exame oral Realización dunha proba de interpretación simultánea na direción inversa ES_GAL/EN

Para cualificar esta proba valoraranse os seguintes elementos:

1. Técnica: capacidade de escoita activa e análise; toma de decisións respecto da información principal necesaria; estructuración, coherencia e uso de nexos; resolución de problemas. Produción: fluidez; seguridade; compás/ritmo, ausencia de ruídos.


2. Expresión e lingua: calidade xeral da expresión, rexistro, colocacións e terminología.
Corrección lingüística e vocabulario.

3. Contidos: corrección e exhaustividad na transmisión dos contidos.

O valor da directa (IS B-A) será un 70% do total da nota, mentres que o exame de inversa (IS A-B) será o 30% restante.
30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os exames tenrán lugar na data establecida nos respectivos calendarios de exames (decembro e xullo) da FFT.

O exame constará da IS dun discurso en directa (inglés -español ou galego) de entre 800 e 1.200 palabras e cunha duración de entre 8 e 12 minutos, máis unha proba de inversa (español ou galego - inglés) dun discurso de entre 600 e 800 palabras (6-10 minutos).

O valor das probas será: 40% para a directa e 30% para a inversa. O tema de traballo será o mesmo para ambas probas. O valor de cada un dos apartados será como segue: (1) técnica = 20%, (2) expresión = 20%, (3) contido = 60%.

O alumnado que suspenda a materia nunha convocatoria deberá examinarse  da totalidade da materia nas seguintes convocatorias de exame.

Para o alumnado que se acolla ó sistema de avaliación única así como para quen se someta á segunda convocatoria ou posteriores, as condicións serán idénticas ás arriba indicadas, excepto porque no haberá valoración por avaliación continua. 

Los exámenes se realizarán en la misma sesión para todo el estudiantado

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000