É responsabilidade do alumnado consultar osmateriais e as novidades a través da plataforma Moovi e de estar ao tanto das datas de entrega de traballos, probas, etc. De acordo coa normativa da Uvigo respecto da avaliación de traballos, encargos, etc: se se detéctase que estes (ou algunha dos seus partes) son plaxios ou non son de autoría propia, a cualificación dos mesmos será 0. Considérase plaxio o uso de programas de tradución automática mesmo cando o texto resultante presente algunhas correccións.Alegar descoñecemento destas cuestións non eximirá o alumnado da súa responsabilidade en relación coas mesmas. RESUMO DE PORCENTAXES 20 % contidos teóricos, presentación e podcast 40 % tradución directa (20 % ENCARGO + 20 % EXAME) 40 % tradución INVERSA (20 % ENCARGO + 20% EXAME) AVALIACIÓN CONTINUA 1 - O alumnado deberá informar o profesorado nas dúas primeiras semanas de clase a súa decisión de acollerse á avaliación continua ou non. Para esta recoméndase a asistencia continuada a clase. 2 - Aquelas persoas que por motivos de traballo ou familiares non poidan asistir ás clases, deben comunicalo persoalmente ao profesorado para que tomen as medidas compensatorias para facilitar a conciliación laboral e familiar. 3 - O non entregar algún dos encargos ou non realizar algunha das probas implicará a perda do dereito á avaliación continua e a anulación de todas cualificacións obtidas anteriormente. Será obrigatorio entón presentarse á convocatoria única. 4 - O alumnado que se acolla á avaliación continua e obteña unha cualificación de suspenso deberá presentarse á convocatoria extraordinaria de xullo na data publicada polo decanato. Conservaranse as partes aprobadas, e só haberá que repetir aquelas que estean suspensas (encargos, exames e parte teórica) CONVOCATORIA ÚNICA (DECEMBRO E XULLO) O alumnado que non se acolla á avaliación continua ou que teña a materia pendente de cursos anteriores presentarase na data oficial do exame (decembro ou xullo segundo corresponda) publicada polo decanato unha proba que consistirá en: 1. Tradución directa (25%) e inversa (25%): 50% de la nota. É necesario aprobar ambas partes para facer a media (2 h 1/2) 2. Cuestionario sobre teoría de preguntas de respostas curtas: 20% de la nota. É necesario aprobar esta parte para facer a media coas las traducións. (1/2 hora) 3. Revisión e corrección dun TO e a sú traduccón (30%). (1 hora) Todo o material para poder cursar a materia atoparase a disposición do alumnado na palataforma Moovi. |