Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución xurídica-administrativa idioma 1: Francés-Español
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Presentación da materia: contidos, resultados de aprendizaxe, fontes básicas de documentación, avaliación, organización da plataforma Moovi
Presentación Exposición oral en francés de 10-15 minutos (aproximadamente) que realizará o alumnado por grupos sobre temas indicados polas docentes. Debe entregarse ademais un podcast que se elaborará segundo as indicacións que se darán a comezos de curso.
Os contidos das presentacións e especialmente os do podcast formarán parte dos contidos da lección maxistral (contidos téoricos) e que serán obxecto de probas específicas de control
Lección maxistral As sesións maxistrais consistirán na exposición por parte do docente de todas as cuestións teóricas precisas para desenvolver así como as cuestións tradutolóxicas específicas do ámbito xurídico e administrativo na combinación fr-es- fr.
Estas complementaranse con lecturas obrigatorias e coas presentacións (exposicións orais) que realizará o alumnado por grupos sobre temas indicados polas docentes.
Resolución de problemas Realizaranse traducións inversas e directas que deberán prepararse con antelación e corrixiranse en clase. Esta práctica servirá de preparación para os encargos e exames es de tradución.
É necesario estar ao día dos contidos teóricos para poder realizar con éxito as traducións.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000