Guia docente 2024_25
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Interpretación consecutiva idioma 1: Inglés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Práctica de interpretación consecutiva na clase (só se terá en conta se mellora a nota final). 30 A1
A3
A4
A5
C1
C2
C3
C4
C8
C12
C13
C17
C18
C21
C22
C25
C27
C30
C33
D1
D4
D7
D9
D12
D18
D22
Seminario Participación no debate e aplicación dos coñecementos teóricos á práctica da interpretación consecutiva. 0 A1
A5
C13
C17
C18
C27
D7
D9
D22
Obradoiro Elaboración de discursos propios nas linguas A e B. 20 A3
A5
C1
C2
C3
C4
C8
C21
C25
C27
C30
C33
D1
D18
Práctica de laboratorio Realización dunha proba final de interpretación consecutiva entre as linguas B e A.
Para cualificar esta proba empregarase unha matriz de valoración que avalía a interpretación en función de catro criterios (fluidez e seguridade, expresión e corrección, resolución de problemas e contido) cuxa ponderación se especifica na matriz. Á marxe da media final, é condición sine qua non para dar por superada esta proba obter un mínimo de aprobado na parte de contido.
Apto necesario (é imprescindible obter un 5 nesta proba para aprobar a materia).
No caso de obter nela unha nota máis alta que a da práctica de interpretación consecutiva na clase, a nota da proba final pasará a contar un 70%.
40 A3
A4
A5
C1
C2
C3
C4
C8
C12
C13
C17
C18
C21
C22
C25
C27
C30
C33
D1
D4
D7
D9
D18
D22
Autoavaliación Titoría de autoavaliación sobre o desenvolvemento das competencias da materia. Apto necesario (é imprescindible realizar correctamente esta tarefa para aprobar a materia). 10 A1
A5
C13
C18
C21
C27
D1
D4
D9
D22
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para poder optar á avaliación continua —explicitada na sección "Avaliación" desta guía docente— cómpre realizar satisfactoriamente todas e cada unha das seguintes tarefas ou probas: participación no debate e aplicación dos coñecementos teóricos á práctica da interpretación consecutiva, elaboración de discursos propios en inglés e galego, titoría de autoavaliación e realización dunha proba de interpretación; todas elas deberán realizarse segundo a secuenciación proposta na clase para o mellor aproveitamento do curso. Así mesmo, dado o deseño e carácter práctico da materia, baseados na aprendizaxe progresiva, recoméndase asistir ás clases, aínda que non é obrigatorio.

O alumnado que cumpra os requisitos para acollerse á avaliación continua terá dereito a unha segunda oportunidade de presentarse á proba de interpretación (na data oficial de realización do exame de avaliación única segundo o calendario da FFT), de tal forma que poderá optar por que a docente corrixa unha ou outra proba como exame final. Con todo, só se recomenda que se presenten na data oficial de avaliación única no caso de que a súa prestación durante a proba final fose moi inferior á súa prestación habitual na clase.

Tanto a avaliación única (para aquel alumnado que renuncie á avaliación continua) como a segunda convocatoria consistirán nun exame de interpretación consecutiva de inglés a galego e ambas terán lugar nas datas establecidas no calendario de exames aprobado na Xunta da FFT.

No caso de suspenso na proba final, o alumnado de avaliación continua ten dereito a que se lle garden as demais cualificacións da materia e só repetir esta última proba na segunda convocatoria.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000