1. Avaliación continua: O alumnado deberá informar o profesorado nas dúas primeiras semanas de
clase a súa elección de acollerse ou non á avaliación continua. En caso de
aprobar todas as probas con nota igual ou superior a 5/10, considerarase que o
alumnado aprobou a avaliación continua. Non se fai nota media. De non aprobar a
avaliación continua, deberá avaliarse de todo o temario na convocatoria de
xullo. Avaliación do profesor
Xoán Montero Domínguez - Proba
dos contidos teóricos (10 % da nota): décima semana de clase, previa consulta co
alumnado; - Proba de
tradución audiovisual PT-ES (40 % da nota): última semana de clase, previa
consulta co alumnado. Avaliación da profesora Ana
Hermida Ruibal - Traballo
sobre un libro en portugués (25 % da nota) - Tradución
PT-ES (25 % da nota) 2. Avaliación única: Avaliación do profesor Xoán Montero Domínguez O alumnado que non siga a avaliación continua deberá realizar un exame a
finais do cuadrimestre (avaliación única) sobre todos os contidos da materia
especificados no apartado CONTIDOS da guía docente, así como das lecturas
obrigatorias. O exame da convocatoria de maio (avaliación única) e de xullo consistirá na
realización dunha tradución do portugués ao castelán dun texto audiovisual (que
contará o 40 % da nota), así como do control das lecturas obrigatorias (que
contará o 10 % da nota). As faltas de ortografía penalizaranse con 1 punto/erro. A proba de avaliación única terá lugar na data oficial marcada polo
decanato. O alumnado que suspenda a convocatoria de maio terá que avaliarse de todos
os contidos da materia en xullo. Penalizarase a copia ou plaxio. Avaliación da profesora Ana Hermida Ruibal
Existen dúas modalidades de avaliación. Na avaliación continua o estudantado dispón da posibilidade de ir superando a materia por medio da avaliación de traballos e encargos realizados ao longo do curso. No caso de non entregar nas datas indicadas algún dos encargos correspondentes, a nota dese traballo será 0. É obrigatorio entregar en Moovi todos os traballos que se foren corrixindo na clase, mesmo que non conten directamente para nota. Na segunda modalidade de avaliación (única), o estudantado dispón da posibilidade de dar conta da materia por medio dunha proba (25 % da nota) e da elaboración dun traballo da obra que se indicou ao comezo da materia (25 %). A proba que se realizará na convocatoria de xuño-xullo consistirá nunha tarefa de tradución (25 % da nota) que se desenvolverá na data indicada no calendario de exames da FFT e a entrega do traballo do libro indicado (25 %) no mesmo prazo.
|