Guia docente 2024_25
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, III: Francés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado
Estes traballos consistirán en traducións realizadas polos alumnos que serán corrixidas na aula, na revisión de traducións ou algúns exercicios relacionados coas sesións maxistrais.
A efectos de avaliación terase en conta a participación activa e a entrega de todas as encomendas que é obritagoria.
20 A1
A2
A3
A4
C3
C8
C14
D1
D2
D5
D6
D7
D8
D15
D16
Resolución de problemas de forma autónoma
Estes traballos consistirán en traducións realizadas na aula, corrección en aula de traducións previamente preparadas, revisión de traducións publicadas ou algúns exercicios relacionados coas sesións maxistrais.
A efectos de avaliación terase en conta a participación activa.
40 A1
A2
A3
A4
C3
C8
C14
D1
D2
D5
D6
D7
D8
D15
D16
Resolución de problemas e/ou exercicios Realizarase 1 exame (40%) que consistirá na tradución dun texto do francés ao español na data oficial do exame.
Durante a realización das probas pódese consultar documentación en papel e electrónica.
Os alumnos que non realicen avaliación única, na data oficial do exame, realizarán, ademais da tradución (80%), unha proba de contidos teóricos (20%) que se explicaron durante as clases e aplicado ás traducións, complementados con lecturas.
É necesario obter un 5 en cada parte da materia para facer a media.
40 A1
A2
A3
A4
C2
C3
C4
C8
C9
C14
C28
D1
D2
D5
D6
D7
D8
D15
D16
D17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a
través da plataforma Moovi e estar ao tanto das datas  de entrega de
traballos, probas etc.

O plaxio ou copia parcial ou total dun encargo ou proba suporá a
perda do dereito a avaliación continua. Considérase plaxio o uso de
programas de tradución automática mesmo cando o texto resultante
presente algunhas correccións. Alegar descoñecemento do que supón un
plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade.

AVALIACIÓN CONTINUA

1- O alumnado deberá informar ao profesorado nas dúas primeiras
semanas de clase da súa decisión de acollerse á avaliación continua ou
non. Para seguir esta modalidade recoméndase a asistencia continuada a
clase e será obrigatoria a entrega de todos os traballos e tarefas.

2-
Aquelas persoas que por motivos de traballo ou familiares non poidan
asistir ás clases deben comunicárllelo persoalmente ás docentes para que
tomen as medidas compensatorias que faciliten a conciliación laboral e
familiar.

3- Non realizar a proba ou a
encomenda implicará a perda do dereito á avaliación continua e a
anulación de todas as cualificacións obtidas anteriormente. Será entón
necesario presentarse á convocatoria de avaliación única.

4-
É necesario obter a cualificación de 5/10  no apartado  "Resolución de problemas de forma autónoma
(encomenda)" para superar a materia.

AVALIACIÓN DE XUÑO

O alumnado que se acolla á avaliación continua e obteña unha cualificación de suspenso deberá presentarse á convocatoria

extraordinaria de xuño na data de exame oficial publicada polo decanato coas seguintes condicións:

1_ Terá que recuperar a parte que teña pendente (exame_60% ou encomenda_40%)

2_ ou , en caso de que teña ambas, realizará todas as probas de avaliación única e avaliarase segundo ese sistema

Poderanse usar dicionarios e fontes de documentación electrónicas en todas as probas.

AVALIACIÓN ÚNICA

Consistirá nun exame que constará das seguintes partes:

1_Proba presencial:

- tradución do francés (40%)

- teoría (20%)

2_Encomenda: (40%). Só se avaliará esta proba en caso de que se supere a proba presencial.

O alumnado realizará a tradución razoada dun texto.

Na análise inicial indicarase cal é o tipo de texto, cal é a súa
estrutura na cultura de orixe e na cultura de chegada, así como as
estratexias de tradución que ese xénero esixe (convencións formais,
estrutura do texto, enunciación do emisor, enunciación do receptor,
etc.).

Nun segundo apartado detallaranse as decisións de tradución e, por
último, incluirase unha relación exhaustiva e con formato APA das fontes
de documentación consultadas para a súa elaboración.

Poderanse utilizar dicionarios e fontes de documentación telemáticas en todas as probas.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000