COMPETENCIA COMUNICATIVA E CULTURAL: comprender textos máis complexos e de diferentes tipos redactados na lingua de partida. SUBCOMPETENCIA: mellorar o coñecemento da historia e das culturas das dúas linguas adquirido na materia Trad Idioma 2,II co fin de entender os textos así como de coñecer os mundos textuais das dúas culturas coas que se traballa, as distintas convencións sociais etc. |
A1 A2 A3 A4
|
|
C3 C4 C13
|
D7 D8 D22
|
COMPETENCIA TRADUTORA: perfeccionar as diferentes competencias adquiridas nas materias de Trad. idioma II,1 e Trad. idioma II,2 precisas para traducir un texto en lingua francesa. SUBCOMPETENCIAS: afianzar a identificación dos axentes que interveñen no proceso de tradución (autor/a, mediador/a, tradutor/a, cliente/a, lector/a...) e a función comunicativa do texto. Perfeccionar a análise de cada texto e amosar o dominio das características de cada tipo de texto que é preciso traducir. Mellorar o coñecemento das distintas técnicas e estratexias de tradución. Identificar os problemas de tradución e aprender a resolvelos e a argumentar as escollas. Mellorar o traballo con textos paralelos e outros recursos. Perfeccionar o manexo das ferramentas básicas de tradución (procesadores de texto, Internet: dicionarios en liña, etc.). Comprender o papel do tradutor/a como mediador/a intercultural. Perfeccionar o traballo coas normas de revisión e presentación de traducións. Familiarizarse co mercado laboral. Reforzar as habilidades de traballo en equipo e adquirir un compromiso deontolóxico (será obrigatorio elaborar e expoñer un traballo en grupo). En suma, o alumnado deberá perfeccionar todas as competencias necesarias para desenvolver calquera tradución dun texto non especializado ou semiespecializado coa responsabilidade esixida a un profesional da tradución. |
A1 A2 A3 A4
|
|
C3 C4 C22
|
D4 D7 D8 D22
|