Educational guide 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, III: Francés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Actividades introdutorias O alumnado terá que realizar lecturas para preparar os comentarios que xustifiquen as propostas de tradución e revisión e a resolución de problemas.
Estas lecturas avaliaranse nas distintas probas que se describen nos seguintes subapartados.
0
Resolución de problemas Neste apartado avaliaranse as traducións previamente preparadas fóra da aula e os exercicios relacionados coa competencia lingüística e tradutora. Poderán ser exercicios que traten dificultades de tradución, de revisión etc. Terase en conta a calidade lingüística dos textos producidos polo alumnado.
PRESENTACIÓN DE CADA TRADUCIÓN: NOME_APELIDOS_TRAD_T1...
30 A1
A2
A3
A4
C3
C4
C13
C22
D4
D7
D8
D22
Presentación O alumnado deberá presentar oralmente e por escrito, preferentemente en grupo, un traballo encomendado a principios de curso.
Serán traballos de investigación de campo e/ou lecturas para asimilar os contidos teóricos e desenvolver as competencias tradutivas.
20 A1
A3
A4
D12
Resolución de problemas de forma autónoma EXAME 1. Realizarase e entregarase 1 encomenda de tradución comentada.
Ademais do texto traducido (10% da cualificación), incluiranse un apartado de fontes documentais consultadas, debidamente citadas e un comentario da tradución (5%).
15 A1
A2
A3
C3
C4
C22
D4
D7
D8
D22
Práctica de laboratorio EXAME2. Realizarase 1 exame que consistirá na tradución razoada e xustificada dun texto do francés ao galego. Terá lugar na data de exame oficial da primeira convocatoria de actas (CF. web FFT).
Durante a realización da proba pódese consultar documentación en papel e telemática.
35 A1
A2
A3
A4
C3
C4
C13
C22
D4
D7
D8
D22
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma Moovi e estar ao tanto das datas de entrega de traballos, probas etc.
O plaxio ou copia parcial ou total dun encargo ou proba suporá un suspenso na materia. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade.

Poderanse utilizar dicionarios e fontes de documentación en papel e telemáticos en todas as probas.

AVALIACIÓN CONTINUA (1.ª CONVOCATORIA)
1. O alumnado deberá informar o profesorado, nas dúas primeiras semanas de clase, da súa decisión de acollerse á avaliación continua ou non. Para seguir esta modalidade recoméndase a asistencia continuada a clase e será obrigatoria a realización e presentación das diferentes actividades e probas.
2. Aquelas persoas que, por motivos de traballo ou familiares, non poidan asistir ás clases deben comunicárllelo ao profesorado para que tome as medidas compensatorias que faciliten a conciliación laboral e familiar.
3. Non realizar algunha das probas ou a presentación implicará a perda do dereito á avaliación continua e a anulación de todas as cualificacións obtidas anteriormente. Será entón necesario presentarse á convocatoria de avaliación única.
4. É necesario obter a cualificación de 5/10 en cada unha das probas, na presentación e na cualificación global para superar a materia.
AVALIACIÓN CONTINUA (2.ª CONVOCATORIA)
O alumnado que se acolla á avaliación continua e obteña unha cualificación de suspenso na primeira convocatoria poderá presentarse á segunda oportunidade (xuño-xullo) na data de exame oficial publicada polo Decanato coas seguintes condicións:
1. Poderá recuperar a(s) parte(s) que teña pendente(s): preguntas sobre os contidos teóricos, no caso da presentación, e/ou tradución razoada e xustificada, no caso das probas.
AVALIACIÓN ÚNICA (1.ª CONVOCATORIA)
Consistirá nun exame que constará das seguintes partes:
1. Proba presencial con preguntas sobre os contidos teóricos (20%).
2. Proba presencial de tradución (40%) con comentario das decisións de tradución (20%).
3. Encomenda de tradución: (20%). Só se avaliará esta proba en caso de que se superen (5/10) as dúas probas presenciais.
O alumnado realizará a tradución razoada dun texto.
Na análise inicial indicarase cal é o tipo de texto, cal é a súa estrutura na cultura de orixe e na cultura de chegada, así como as estratexias de tradución que ese xénero esixe (convencións formais, estrutura do texto, enunciación do emisor, enunciación do receptor etc.).
Nun segundo apartado detallaranse as decisións de tradución e, por último, incluirase unha relación exhaustiva e con formato APA das fontes de documentación consultadas para a súa elaboración.
AVALIACIÓN ÚNICA (2.ª CONVOCATORIA)
O alumnado que se acolla á avaliación única e obteña unha cualificación de suspenso na primeira convocatoria poderá presentarse á segunda oportunidade de xullo na data de exame oficial publicada polo Decanato coas seguintes condicións:
1. Poderá recuperar a(s) parte(s) que teña pendente(s): preguntas sobre os contidos teóricos, proba de tradución con comentario e encomenda en caso de que se superasen (5/10) as dúas probas presenciais.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000