Guia docente 2024_25
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, III: Inglés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos A avaliación realizarase por medio de traballos de aula e encargos de tradución que se distribuirán ao longo do cuadrimestre.

A distribución é a que segue:

1. Entrega en prazo de actividades e encargos de tradución e participación nas revisións de clase (20%)

2. Dous encargos e/ou probas de tradución. Poderá esixirse que polo menos algún deles se leve a cabo durante horas de aula e con acceso limitado a recursos dispoñibles na internet (40% cada un deses dous encargos e/ou probas de tradución)
100
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
A presente materia pode cursarse, na primeira convocatoria anual, en réxime de avaliación continua (en que se avaliará
fundamentalmente a adquisición de competencia tradutiva e a participación regular e activa nas aulas) ou de avaliación
única (exame oficial). No entanto, na convocatoria de xuño-xullo só é posible o réxime de avaliación única (exame oficial). 

Na primeira convocatoria anual enténdese que a/o estudante opta polo réxime de avaliación continua cando realiza algunha
das actividades da avaliación continua. Para superar a avaliación continua, a/o estudante deberá obter o aprobado na media
aritmética ponderada das cualificacións nas diferentes probas (ningunha das cualificacións parciais poderá en principio ser
inferior a 4 sobre 10). As/os estudantes que non superen a avaliación continua mediante as actividades referidas deberán
realizar o exame oficial da convocatoria de xuño-xullo.

O exame oficial da materia (convocatorias de maio [data, hora e lugar establecidos polo Decanato] e xuño-xullo [data, hora
e lugar establecidos polo Decanato]) constará dunha parte práctica (100%) consistente nunha ou dúas traducións sobre temas
tratados na clase.

A copia ou plaxio nos traballos de tradución, nas encargas de tradución e/ou no exame terá como consecuencia unha
cualificación global negativa. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa
responsabilidade neste aspecto.

É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades relativas á materia a través da plataforma MOOVI, así
como estar ao tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar. Debido ao carácter práctico da
materia e á necesidade de aprendizaxe progresiva, recoméndase a asistencia á
clase, se ben esta non é obrigatoria.

Esta materia non está dirixida á aprendizaxe do español nin do inglés. Considérase que o alumnado xa posúe un bo nivel do
seu idioma 1. Para poder cursar a materia recoméndase como mínimo un nivel B2 de español.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000