Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, III: Inglés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Realización dunha proba de revisión, corrección e outros aspectos relacionados coa tradución profesional. 20 A1
A2
A3
A5
C4
C8
C17
C18
C22
C27
D4
D7
D14
D22
Presentación Realización, presentación e defensa dunha tradución.
A avaliación realizarase segundo os criterios especificados na matriz correspondente.
40 A2
A3
A4
A5
C4
C8
C17
C18
C22
C27
D4
D7
D14
D22
Resolución de problemas e/ou exercicios Realización dunha proba de tradución presencial. 40 A1
A2
A3
A5
C4
C8
C17
C18
C22
C27
D4
D7
D14
D22
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Existen dous sistemas de avaliación: continua e única. Estes son incompatibles e hai que optar por un ou outro nas primeiras sesións. Para acollerse á avaliación continua é preciso participar nas actividades da materia e realizar as probas e encargas correspondentes. As metodoloxías descritas na sección "Avaliación" desta guía docente fan referencia á avaliación continua.

A avaliación continua engloba a avaliación formativa na clase (proba diagnóstica, debate sobre solucións, erros e estratexias de tradución, corrección de textos...) e a avaliación sumativa —isto é, a puntuación para a obtención da cualificación final— das seguintes probas ou encomendas:

1) Realización e defensa dunha tradución (40%).
2) Proba presencial de tradución (40%).
3) Proba presencial de revisión, corrección e outros aspectos relacionados coa tradución profesional (20%).

É responsabilidade do estudantado estar ao tanto das novidades
relativas á materia
así como das datas nas que as probas e tarefas de avaliación
teñen lugar. Debido ao carácter práctico da materia e á necesidade de
aprendizaxe progresiva, recoméndase a asistencia á clase, se ben esta
non é obrigatoria. En calquera caso, para a avaliación continua, as
encargas e probas realizaranse na clase, espazo de comunicación e
aprendizaxe principal da materia.

A avaliación única e a segunda convocatoria consistirán nun exame presencial (60%) e nunha encomenda de tradución xustificada (40%). O exame consistirá na realización de tarefas e avaliación de coñecementos relacionados coa tradución profesional de inglés a español. Aquel(a) estudante que desexe presentarse á avaliación única ou á segunda convocatoria deberá poñerse en contacto coa docente un mes antes da finalización das clases (no caso de avaliación única) ou da data oficial de exame (no caso da segunda convocatoria) para informarse sobre as características da encarga de tradución, que deberá entregar no día da proba de avaliación presencial (única ou segunda convocatoria).

A copia ou plaxio nos traballos de tradución, nas encargas de tradución ou no exame terá como consecuencia unha cualificación global negativa. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste respecto.

Esta materia non está dirixida á aprendizaxe do español nin do inglés. Considérase que o alumnado xa posúe un bo nivel do seu idioma 1. Para poder cursar a materia recoméndase como mínimo un nivel B2 de español.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000