Traballo tutelado |
A atención personalizada realizarase en forma de titoría individual:
(1) Profesor e alumno/a escoitarán as gravacións dos traballos prácticos realizados por este (xa sexa nas sesións de aula ou no seu traballo individual autónomo realizado con axuda das TIC) e levará a cabo unha crítica exhaustiva e construtiva dos mesmos. A partir desa escoita detectaranse erros e analizaranse as posibles razóns que levaron aos mesmos (técnica deficiente, escasa preparación de temas e discursos, problemas de dicción, ritmo inadecuado, deficiente uso das linguas de traballo, anotación, confianza, etc...), e tentarase buscar solucións a eses problemas.
(2) aceptaranse tamén gravacións enviadas polos alumnos ao profesorado para a emisión dun informe detallado no que se sinalen os defectos e virtudes atopados.
(3) o terceiro modo de avaliación consistirá en comentarios e valoracións sobre o traballo individual dos estudantes en clase, xa sexa con comentarios ao grupo ou en sesións de revisión individuais co profesorado. |
|