Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Interpretación simultánea idioma 1: Inglés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado O traballo tutelado consiste na realización sistemática de tarefas de tradución á vista e interpretación simultánea en cabina e co tempo controlado, de diversos temas e extensión.
O traballo ten asignada unha porcentaxe do 30% da nota final e se utilizará para obter unha visión de conxunto do rendemento realizado polo alumnado ao longo do curso.
30 C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
C9
C10
C11
C13
C14
C16
C17
C18
C19
C20
C21
C22
C23
D3
D4
D5
D6
D7
D8
D9
D10
D11
D12
D13
D14
D15
D16
D18
D19
D20
D21
D22
D23
D24
Exame oral Proba de TV obrigatoria

Proba obrigatoria de tradución a vista que se realizará a metade do cuadrimestre.
O sistema de avaliación consiste na valoración de tres aspectos:
(1) Técnica de traballo
(2) Expresión correcta, e
(3) Transmisión precisa dos contidos.

En cada un dese tres apartados o alumnado partirá dunha puntuación de 50 puntos, dos cales irán descontándose penalizacións en función dos erros cometidos. Ditas penalizacións oscilarán entre os menos 10 puntos para os erros máis graves (graves erros de contido, interrupción da produción, segmentos incomprensibles) e os menos 3 puntos para os menos graves (ruídos, tatexo, omisións, uso incorrecto do léxico) e para cada unha das categorías descritas. A aparición de elementos inaceptables no traballo da intérprete -como a interrupción repetida ou prolongada no tempo da súa produción, ou o uso de expresións malsoantes, a presenza de risas e manifestacións de malestar, ou o feito de non activar o micro ou o sistema de gravación, entre outros- invalidará a totalidade da proba, que se dará por suspenso.
A cualificación final do exame será o resultado de facer a media entre o tres apartados avaliados. O aprobado estará en 25 puntos (a metade da puntuación total). Con todo, non se farán medias caso de que en calquera do tres apartados a puntuación obtida non chegue á metade do aprobado (12,5 puntos). Os textos de exame terán unha extensión aproximada de entre 200 e 400 palabras.
30 C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
D5
D7
Exame oral A avaliación final da materia terá un valor do 40% da cualificación final. Para a avaliación final, o alumnado deberá realizar unha das seguintes probas opcionais:
-proba de tradución á vista B-A en cabina e con tempo controlado.
-proba de interpretación simultánea B-A.
O sistema de avaliación, tanto para a proba de TV como para a de IS, consiste na valoración de tres aspectos:
(1) Técnica de traballo
(2) Expresión correcta, e
(3) Transmisión precisa dos contidos.

En cada un dese tres apartados o alumnado partirá dunha puntuación de 50 puntos, dos cales irán descontándose penalizacións en función dos erros cometidos. Ditas penalizacións oscilarán entre os menos 10 puntos para os erros máis graves (graves erros de contido, interrupción da produción, segmentos incomprensibles) e os menos 3 puntos para os menos graves (ruídos, tatexos, omisións, uso incorrecto do léxico) e para cada unha das categorías descritas. A aparición de elementos inaceptables no traballo do intérprete -como a interrupción repetida ou prolongada no tempo da súa produción, o uso de expresións malsoantes, a presenza de risas e manifestacións de malestar, ou o feito de non activar o micro ou o sistema de gravación, entre outros- invalidará a totalidade do exame, que se dará por suspenso.
A cualificación final do exame será o resultado de facer a media entre o tres apartados avaliados. O aprobado estará en 25 puntos (a metade da puntuación total). Con todo, non se farán medias caso de que en calquera do tres apartados a puntuación obtida non chegue á metade do aprobado (12,5 puntos).Os textos de exame terán unha extensión aproximada de entre 400 e 600 palabras.
40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os parámetros de valoración e penalización das probas explicanse polo miúdo na derradeira sesión práctica do curso. Recoméndase a todo o alumnado que asista a esa sesión. 


O estudantado que decida acollerse ó sistema de avaluación continua deberá indicalo por escrito ó longo do primeiro mes do curso. Pasado ese prazo, e de non haber indicación ó respeto, entenderase que se acollen ó sistema de exame final único. 

Para acollerse ó sistema de avaliación continua recoméndase asistir a, polo menos, un 80% das sesións de clase. 

O alumnado que suspenda a materia nunha convocatoria deberá examinarse da totalidade da materia nas seguintes convocatorias de exame. 

As probas se llevarán a cabo nas datas oficiais establecidas no calendario de exames da FFT en todas as convocatorias. Ese mesmo día e nesa mesma sesión se realizarán as probas tanto para o alumnado de avaliación continua como para os de avaliación única. 

PARA O ALUMNADO QUE SE ACOLLA Ó SISTEMA DE AVALIACIÓN ÚNICA EN PRIMEIRA E SEGUNDA OPORTUNIDADE 

En segunda convocatoria e en modalidade de exame final único o sistema de avaliación será o mesmo que para a primeira oportunidade, excepto porque en segunda oportunidade e exame final único non se valorará a avaliación continua do alumnado.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000