Guia docente 2024_25
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Interpretación simultánea idioma 1: Inglés-Galego
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2024_25
Materia Interpretación simultánea idioma 1: Inglés-Galego Código V01G230V01601
Titulación
Grao en Tradución e Interpretación
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OB 3 2c
Lingua de impartición
Galego
Prerrequisitos
Departamento Tradución e lingüística
Coordinador/a
Baxter , Robert Neal
Correo-e jstefanlari@yahoo.com
Profesorado
Baxter , Robert Neal
Web http://cousasdeneal.webs.com/
Descrición xeral A materia constitúe o primeiro contacto do alumnado coa interpretación simultánea e ten por obxectivo impartir un coñecemento e manexo das técnicas básicas necesarias para a interpretación simultánea, apoiándose nos elementos teóricos necesarios para reforzar a práctica das mesmas. Ao nivel práctica, a materia pretende preparar o alumnado para realizar interpretacións simultáneas partindo de exercicios en torno ás técnicas da tradución á vista B-A aplicadas á interpretación simultánea, incluídos exercicios de tradución á vista cronometrados e cloze. A orientación da materia é esencialmente práctica, deseñada para proporcionar un coñecemento das técnicas básicas requiridos para realizar unha interpretación simultánea e para detectar potenciais especialistas na interpretación simultánea.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000