Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Interpretación simultánea idioma 1: Inglés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Resolución de problemas e/ou exercicios ao longo do curso dentro da aula. 30 A1
A5
C1
C3
C4
C8
C13
C17
C18
C21
C22
C27
C30
C33
D1
D4
D12
D16
D22
Práctica de laboratorio Realización de dúas probas:

Unha tradución á vista con texto e preparación previa inglés-galego (35%)

Unha interpretación simultánea sen texto e sen prepararción previa inglés galego (35%)

Cada proba vale 35% da nota final.

É obrigatorio aprobar a primeira proba (tradución á vista). Á nota correspondente a esta parte sumarase, no seu caso, as notas acadadas na segunda proba (interpretación simultánea) e a da avaliación continua.

Para cualificar esta proba valorarase os seguintes elementos:
1. Técnica
2. Contidos
3. Expresión
4. Corrección lingüística

Non rematar a proba ou deixar calquera elemento sen acabar implicarán suspender a proba no seu conxunto para alén de calquera outra consideración.
70 A2
A3
A4
C1
C4
C13
C17
C21
C22
C27
C30
C33
D1
D4
D9
D22
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As/Os estudantes que desexaren acollerse á modalidade de avaliación continua deben comunicalo ao profesor ou á profesora cunha anterioridade máxima dun mes previa á data do exame final.

Independentemente da eventual nota de avaliación contunua, é imprescindíbel obter unha puntuación mínimo de 5 sobre 10 na primeira proba de tradución á vista con preparación previa para aprobar a materia no seu conxunto, ao que se sumará a puntuación acadada nos outros apartados.

Manténse a nota de avaliación continua dunha edición para a seguinte dentro da mesma convocatoria

Tanto a avaliación única (para aqueles/as alumnos/as que non cumpriren os requisitos estipulados para optaren á avaliación continua) como a segunda convocatoria consistirán nunha proba de tradución á vista con texto e outra de interpretación simultánea sen texto (inglés e galego) identica e na mesma data e horario que a proba práctica para o alumnado de avaliación continua, coa diferenza de que valerá a totalidade da nota final. Tanto no caso da avaliación continua como da única, nos dous casos, para aprobar a materia será necesario obter un mínimo de 5 sobre 10 na proba.

Data do exame final: Segundo o publicado no calendario oficial.

 A segunda convocatoria levarase a cabo nas mesmas condicións que a primeira.

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000