Guia docente 2024_25
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 1, I: Francés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Estes traballos consistirán en traducións realizadas na aula, revisións de traducións, controis de lecturas obrigatorias ou outros que propoña a docente. A efectos de
avaliación terase en conta a participación activa. Será obrigatoria a
entrega de polo menos tres traballos para a súa corrección e avaliación.

É obrigatoria a lectura dunha obra literaria en francés (en español para o alumnado Erasmus) que se indica na bibliografía recomendada da materia. Esta será obxecto dun control de lectura que se realizará o día da proba final
20 A1
A2
C4
D1
D7
Resolución de problemas de forma autónoma O alumnado realizará individualmente un encargo de tradución (20%) que reproduce situacións reais da actividade profesional.
Para iso aplicarán os coñecementos e destrezas adquiridos durante os traballos de aula.
O encargo de tradución defenderase oralmente en datas do período de exames que se fixarán entre a profesora responsable e o alumnado. Esta defensa consistirá na argumentación, xustificación e explicación de solucións e opcións de tradución, e das fontes usadas para isto.
Corrección/revisión dunha tradución (20%) de 400-500 palabras (unha hora). Pódense usar medios electrónicos. Realizarase ben o día da data do exame oficial ou nas últimas sesións de clase. En todo caso fixarase de común acordo entre a profesora e o alumnado.
40 A1
A2
C1
C2
C4
D1
D7
Resolución de problemas e/ou exercicios Realizaranse dúas probas de tradución con tempo limitado (2 horas cada proba).
A primeira a última semana de outubro, e a segunda, denominada proba final, en decembro, o día sinalado no calendario de exames da FFT.
a) Soamente se poderá usar documentación en papel que debe levar o alumnado. Permitirase unicamente o uso de libros e dicionarios, pero non de apuntamentos propios ou similares. Non se poderá empregar o computador nin calquera outro dispositivo electrónico.

b) A nota deste apartado será a media entre ambas as probas.
Se a segunda proba obtén unha cualificación superior en polo menos un (1) punto que a primeira, entón só contará a segunda nota para calcular a porcentaxe.
É necesario que a nota do segundo exame sexa igual ou superior a 5. De non ser así, deberase repetir esta proba na convocatoria de xullo.
40 A1
A2
C1
C2
C4
D1
D7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma Moovi e de estar ao tanto das datas  de entrega de traballos, probas, etc.

De acordo coa normativa da Uvigo respecto da avaliación de traballos, encargos, etc:  se se detéctase que estes (ou algunha dos seus
partes) son plaxios ou non son de autoría propia, a  cualificación dos mesmos será 0. Considérase plaxio o uso de programas de tradución automática mesmo cando
o texto resultante presente algunhas correccións. Alegar descoñecemento destas cuestións non eximirá o alumnado da
súa responsabilidade en relación coas mesma
s.


AVALIACIÓN CONTINUA

1- O alumnado deberá informar á profesora nas dúas primeiras semanas de clase a súa  decisión de acollerse a avaliación continua ou non. Para esta recoméndase a asistencia continuada a clase.

2- Aquelas persoas que por motivos de traballo ou familiares non poidan asistir ás clases, deben comunicalo persoalmente á profesora para que esta tome as medidas compensatorias para facilitar a conciliación laboral e familiar.

3- O non entregar os encargos ou non realizar algunha das dúas probas implicará a perda do dereito á avaliación continua e a anulación de todas cualificacións obtidas anteriormente. O alumnado terá que presentarse á convocatoria única.

4- O alumnado que se acolla á avaliación continua e obteña unha cualificación de suspenso deberá presentarse á convocatoria
extraordinaria de xullo na data de exame publicada polo decanato.

a) Si ten unha nota media superior a 5 nos dous apartados: Encargo de tradución (20%) e Revisión de tradución (20 %), só deberá realizar unha proba en tempo limitado similar á proba final de decembro.

b) Si non se ten unha nota media superior a 5 nos dous apartados: Encargo de tradución (20%) e Revisión de tradución (20 %) terá que realizar obrigatoriamente as probas que se especifican a continuación:

1. Tradución con tempo limitado (2 horas): 60% da nota. Só se poderá usar documentación en papel que debe levar o alumnado e non se poderá empregar o computador. Se permitirá unicamente o uso de libros e dicionarios, pero non de apuntamentos propios ou similares.

2. Revisión de tradución: 40% da nota. Se permitirá o uso de fontes electrónicas. Se poderá pedir ademais argumentación oral das correccións introducidas nunha data que se fixará de común acordo entre alumnado e profesora.

No caso b) a nota mínima da tradución con tempo limitado para facer a media entre partes será dun 5 sobre 10. De non alcanzar esta nota, non se contará a revisión da tradución e a nota final será a do exame con tempo limitado.

CONVOCATORIA ÚNICA (XANEIRO E XUÑO)

O
alumnado que non se acolla á avaliación continua ou que teña a
materia pendente de cursos anteriores se presentará na data oficial do exame (xaneiro ou xuño segundo corresponda) de xaneiro publicada polo decanato a unha proba que consistirá en:

1.Tradución con tempo limitado (2 horas): 60 % da nota. Soamente se poderá usar documentación en papel que debe levar o alumnado e non se poderá empregar
o computador. Se permitirá unicamente o uso de libros e dicionarios,
pero non de apuntamentos propios ou similares.

2. Revisión de tradución (1 hora) que se realizará na data oficial do exame: 40 % da nota. Se permitirá o uso de fontes electrónicas. Se poderá pedir ademais a argumentación oral das correccións introducidas nunha data que se fixará de común acordo entre alumnado e profesora.

A
nota mínima da tradución con tempo limitado para facer a media
entre ambas as partes será dun 5 sobre 10. De non alcanzar esta nota, non
se contará a revisión de traducción e a nota final será a do exame.

ALUMNADO ERASMUS

Esta materia non está dirixida á aprendizaxe do español nin do francés. Considérase que o alumnado xa posúe un bo nivel do mesmo.

Para poder cursar a materia recoméndase un nivel B2 de español.

Non se recomenda seguir esta materia a aquel alumnado que:

1. Non teña como primeira ou segunda lingua de traballo o español.

2- Non curse estudos de linguas ou traducción. 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000