Guia docente 2024_25
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma 2, III: Portugués
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Exercícios escritos breves a realizar durante as aulas. 20 A5
C1
C7
C10
Realização/apresentação de trabalhos - individuais ou em grupos, sobre temas diversos (gramática, léxico, pragmática e cultura lusófona). 20 A5
C1
C7
C10
Uma prova escrita sobre conteúdos gramaticais, lexicais, pragmáticos e de civilização lusófona segundo o nível B2 do Quadro Europeu Comum de Referência para as Línguas (a realizar na data correspondente do calendário oficial de exames da FFT). 20 A5
C1
C7
C10
Exame de preguntas de desenvolvemento Prova oral individual sobre conteúdos teórico-práticos vistos durante o curso, segundo o nível B2 do Quadro Europeu Comum de Referência para as Línguas (a realizar na data que marca o calendário oficial de exames da FFT ou noutra data dentro do período de exames). 20 A5
C1
C7
C10
Práctica de laboratorio Diferentes exercícios práticos orais a realizar nas aulas. Exercícios de tradução oral e escrita. 20 A5
C1
C7
C10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado debe elixir, de forma obrigatoria, nas dúas primeiras semanas do cuadrimestre, entre dúas opcións: un sistema de avaliación continua (cf. descrición en "avaliación") ou un sistema de avaliación única.

É recomendable elixir o primeiro sistema, avaliación continua, xa que se trata do ensino dunha lingua estranxeira e é necesario asistir con regularidade ás clases. Quen non teña a posibilidade de asistir ás clases e ás actividades da materia coa frecuencia necesaria debe comunicalo ao profesor. A non realización das probas ou exercicios parciais, previstos polo sistema de avaliación continua, supón o suspenso cunha nota de 0 (cero) puntos na mesma.

Primeira edición das actas

A data do último exame de avaliación continua coincidirá coa data do exame "avaliación única" indicada no calendario oficial da FFT. A data do exame oral será acordada co profesor ao longo do período de exames. A proba oral deberá ser gravada en forma de audio, coa debida autorización do alumnado. Para aprobar na materia, é necesario aprobar ambas as probas (escrita e oral). Ao suspender unha delas, é necesario recuperar ambas as probas na convocatoria de xullo.

A avaliación única consiste nun exame escrito, realizado en data indicada no calendario oficial da FFT, seguido doutro exame oral, que será realizado no mesmo día nunha aula continua. A avaliación única será valorada da seguinte maneira:

1. Exame escrito teórico-práctico: 75% da nota final.

2. Exame oral: 25% da nota final. A proba oral deberá ser gravada en forma de audio coa debida autorización do alumnado.

Faltar sen xustificación a un destes exames supón o suspenso cunha cualificación de 0 (cero) puntos no mesmo.

Para poder aprobar a materia, é necesario aprobar ambos os exames (escrito e oral). No caso de que se suspenda un dos exames, o alumno/a deberá repetir as dúas partes (escrita e oral) na convocatoria de xullo.

Segunda edición das actas

Os mesmos criterios descritos para o sistema de avaliación única serán aplicados na segunda edición das actas (xullo). A data do exame coincidirá coa data destacada no calendario oficial da FFT.

Consideracións xerais

A persoa docente poderá facer unha proba de avaliación alternativa a maiores das contempladas nesta guía en caso de que sospeite de que algún traballo (oral ou escrito) ou exame (oral ou escrito) se teña feito total ou parcialmente usando ferramentas de Intelixencia Artificial sen telo declarado. 

Neste sentido, dada a imposibilidade de probar a utilización da IA, a mera sospeita por parte da persoa docente será condición suficiente como para que a proba suxeita a xuízo se anule e se substitúa pola proba alternativa, que se realizará en data e hora establecida pola persoa docente.

Copia ou plaxio nos exames de avaliación continua ou única serán penalizados cun suspenso (0 puntos).

Recoméndase a asistencia regular ás clases e ás titorías, así como a consulta regular de materiais e información específica na plataforma Moovi

.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000