Guia docente 2024_25
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Antropoloxía: Antropoloxía das prácticas de tradución e interpretación
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Presentaráselle ó alumnado diferentes tipos de exercicios que fagan referencia ós contidos desenvolvidos nos temas. Poderán ser exercicios de tradución, pero tamén outros como: emisión de facturas, redacción de encargas, elaboración de informes, análise de traducións e doutros tipos de textos etc. 40 A1
A2
A3
A4
A5
C1
C2
C3
C4
C10
C12
C17
C21
C22
C24
C27
D1
D4
D6
D7
D8
D9
D14
D19
Resolución de problemas de forma autónoma De maneira individual ou por grupos, o alumnado demostra a adquisición de coñecementos a través de probas de resposta curta e longa nas que aplicará de maneira autónoma as orientacións e a metodoloxía facilitadas polo docente. 40 A2
A3
C2
C10
C24
D8
D9
Estudo de casos Preséntaselle ó alumnado unha situación real de tradución ante a cal deberá de tomar unha serie de decisións sobre como realizar a encarga e solucionar os problemas que presenta. Na parte común da materia, o estudo de casos conduce a unha proba na que o alumnado ten que analizar unha situación en función das fontes e dos datos contextuais. 15 A2
A4
A5
C10
C17
C27
D4
D6
D7
D8
D9
D19
Foros de discusión A partir de contidos vistos na aula e de lecturas suscitadas polo programa da materia, o equipo docente dinamizará un intercambio de reflexións en soportes telemáticos. Avaliarase a frecuencia e o esforzo postos en contribuír en cada foro. 5 A4
C2
C3
C17
C27
D6
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Tanto
na modalidade de avaliación continua como na modalidade de avaliación única os
distintos exercicios e exames poderán realizarse a través da plataforma de
teledocencia Moovi
(https://moovi.uvigo.gal/), da plataforma de exames
BeA
https://bea.det.uvigo.es), ou da
plataforma do Programa de xestión de memorias de tradución Phrasehttps://www.phrase.com/).

 

AVALIACIÓN CONTINUA

Para beneficiarse do réxime de
avaliación continua será preciso ter como mínimo un 80 % de presencialidade,
responder activamente ás tarefas individuais e colectivas que suxira o equipo
docente ó longo do curso e entregar todos os traballos das probas dentro dos
prazos correspondentes. Se por circunstancias xustificadas, por exemplo
laborais ou de saúde, non é posible cumprir co requisito da presencialidade, o
equipo docente tratará de propoñer estratexias de aprendizaxe alternativas.

O módulo común avalíase mediante un
traballo individual ou grupal en forma de estudo de casos (10 %) e dúas probas
escritas individuais ou grupais de resolución de problemas de forma autónoma (20 %
+ 20 %).

O módulo combinado de inglés e de
francés avalía as competencias demostradas en estudos de casos (5 %) e na actividade
nos foros de discusión (5 %), e propón un exame final de resolución de
problemas (40 %) para os grupos de inglés, e dúas probas parciais non
presenciais de resolución de problemas (15 % + 25 %) para o grupo de
francés.

CONVOCATORIA ÚNICA


As convocatorias únicas de maio-xuño e de xuño-xullo de 2025 consistirán en
dúas probas, unha delas non presencial para o módulo común e outra presencial
para o módulo combinado, inglés e francés. O módulo común avaliarase mediante
un exercicio de resolución de problemas (50 % da nota final). O prazo de
entrega desa proba comunicarase o día da data do exame de convocatoria única. O
módulo combinado avaliarase mediante un exame de resolución de problemas (50 %
da nota final).

A copia ou plaxio total ou parcial en
calquera tipo de traballo ou exame suporá un 0 nesa proba. Alegar
descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o estudantado da súa
responsabilidade neste aspecto.

Con respecto á corrección dos exames e
exercicios, cómpre sinalar que se lle prestará unha especial atención ao
dominio das normas ortográficas e morfolóxicas das linguas galega e española. Tres
erros ortotipográficos ou morfosintácticos invalidarán calquera exame ou
exercicio.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000