Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Antropoloxía: Antropoloxía das prácticas de tradución e interpretación
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral O docente dunha sesión maxistral non é o único que intervén, pois este formato está aberto ao
diálogo e ás preguntas do alumnado. O docente explicará coa maior claridade os conceptos cos que
se pretende traballar así como a metodoloxía a seguir. Ofrecerase un coñecemento progresivo dos
contidos da materia, amecéndoos con referencia ás sesións anteriores e ás que están por vir.
A asistencia ás sesións maxistrais é requisito para a avaliación continua.
Resolución de problemas A sesión de resolución de exercicios refírese a dúas modalidades: exercicios de tradución, estreitamente coordinados polo profesor, nos que a énfase irá posta nas etapas iniciais do proceso; e exercicios de sensibilización sobre temas diversos da antropoloxía das prácticas, nos que se lle pedirá ao alumnado que aplique o aprendido, nesta e nas demais materias. Os exercicios de tradución reproducirán situacións iniciais dunha encarga no medio profesional. Os exercicios de sensibilización irán vinculados aos aspectos teóricos explicados en sesións maxistrais. Deste xeito, enténdese que as sesións de resolución de exercicios conteñen unha dimensión teórica esencial, que será explicada polo docente aproveitando o contexto de cada exercicio.
A asistencia ás sesións de resolución de exercicios é requisito para a avaliación continua.
Presentación De maneira individual ou grupal, o alumnado elaborará a presentación dun tema dos contidos da materia, coa axuda de conceptos e métodos de traballo propostos polo docente.
Estudo de casos Preséntaselle ó alumnado unha situación real de tradución ante a cal deberá de tomar unha serie de decisións sobre como realizar a encarga e solucionar os problemas que presenta.
Foros de discusión O alumnado sensibilizarase diante dos aspectos cotíans da tradución e da interpretación mediante a súa participación activa en debates nun contorno virtual.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000