Cunha orientación práctica e centrada no uso da lingua, esta materia céntrase na consolidación das competencias lingüísticas e comunicativas a nivel avanzado, prestando especial atención á aprendizaxe de vocabulario (Use of English: Vocabulary) e ás destrezas de comprensión oral (Listening) e produción de discurso oral (Speaking).
Os materiais teóricos e prácticos seguirán o nivel avanzado C1, segundo os estándares do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.