Guia docente 2024_25
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Morfosintaxe do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Recomendacións


 
Outros comentarios
Recoméndase a asistencia a clase por (i) constituír un elemento chave na adquisición das competencias desta materia por parte do alumnado e (ii) permitir a realización de probas obrigatorias suxeito de avaliación. Aconséllase tamén o traballo diario dos contidos morfosintácticos, lecturas, visionado de vídeos, tarefas de investigación encomendadas, así como a participación (obrigatoria) nos foros de discusión. Recoméndase o uso dos recursos da biblioteca. É responsabilidade do alumnado estar ao tanto das datas nas que teñen lugar as probas de avaliación. A persoa docente poderá facer unha proba de avaliación alternativa a maiores das contempladas nesta guía en caso de que sospeite de que algún traballo (oral ou escrito) ou exame (oral ou escrito) se teña feito total ou parcialmente usando ferramentas de Intelixencia Artificial sen telo declarado. Neste sentido, dada a imposibilidade de probar a utilización da IA, a mera sospeita por parte da persoa docente será condición suficiente como para que a proba suxeita a xuízo se anule e se substitúa pola proba alternativa, que se realizará en data e hora establecida pola persoa docente IMPORTANT INFORMATION FOR EXCHANGE STUDENTS Students must be aware that no alternative date to the official resit exam dates will be provided, so it is their responsibility to remain in Vigo until the official exam date in June/July.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000