Guia docente 2024_25
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Segundo idioma estranxeiro V: Alemán
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2024_25
Materia Segundo idioma estranxeiro V: Alemán Código V01G181V01303
Titulación
Grao en Linguas Estranxeiras
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OB 3 1c
Lingua de impartición
Alemán
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Filoloxía inglesa, francesa e alemá
Coordinador/a
Corvo Sánchez, María José
Correo-e
Profesorado
Web http://moovi.uvigo.es
Descrición xeral É unha materia de seis créditos que se imparte no primeiro cuadrimestre do terceiro curso do grao e que está concibida como unha continuación da materia Segundo Idioma Estranxeiro IV, impartida no segundo cuadrimestre, como un curso orientado cara á ampliación do coñecemento básico do alemán e a súa cultura. Por tanto, presupón un coñecemento básico-medio tanto lingüístico como cultural e persegue a consolidación dun nivel medio de coñecemento e uso da lingua alemá; isto é o paso da A2.2 a B1.1. Xa que logo, debe entenderse esta materia como un curso de consolidación dunha boa base para seguir profundando máis adiante nos coñecementos e no uso do alemán, na súa gramática e no seu léxico, así como noutros aspectos culturais xerais igualmente necesarios para unha aprendizaxe oral e práctica da lingua cotiá alemá. Ao superar a materia a/o estudante acadará un nivel B1.1. segundo o Marco Común de Referencia para as Línguas.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000