1. PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS A procedemento ordinario de avaliación é a avaliación continua, a cal presupón a asistencia e participación regular ás clases e a realización das prácticas e exercicios que se propoñan nelas. Por tanto, aquelas e aqueles estudantes que nalgunhas das dúas partes da materia asistan a menos do 75% das clases ou entreguen (cun nivel aceptable) menos do 75% dos exercicios propostos só poderán ser avaliados polo procedemento de avaliación única (vid. infra). En caso de presentarse a un examen parcial, este non sería avaliado. Nos exames parciais, a nota mínima para aprobar é un 5. Quen non acade esa puntuación mínima (e cumpra o requisito previo de asistencia e participación regular) poderá examinarse na segunda oportunidade só das partes supensas. A nota final calcularase a partir das notas parciais obtidas en cada item de cualificación, aplicando as porcentaxes de puntuación especificadas no apartado anterior. Para que poida calcularse a media ponderada (e por tanto para poder aprobar polo procedementeo de avaliación continua) é preciso ter aprobado cada ítem de puntuación por separado, isto é, debe cumprirse o mínimo de asistencia e entrega de exercicios e deben estar aprobados os dous exames parciais. Todas as probas cualificaranse tendo en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística e o seu rigor académico. Do alumnado que segue o proceso de avaliación continua espérase que participe de maneira activa no desenvolvemento do curso. É responsabilidade do alumnado facer un seguimento da materia nas clases e estar ao tanto das datas de realización e entrega das tarefas e exercicios. Haberá tamén unha modalidade de avaliación única para aquelas/es estudantes que, por calquera motivo, non poidan facer un seguimento regular da materia. A avaliación constará dun exame único baseado nos contidos da materia e cuxa nota constituirá o 100% da cualificación final. Este exame terá lugar despois do período de docencia, na data oficial aprobada pola Xunta de Facultade. A escolla desta opción en ningún caso supón a perda do dereito a asistir ás aulas sempre que sexa posíbel, o cal se recomenda encarecidamente. O alumnado que siga esta modalidade de avaliación será responsábel de manter un contacto continuado coa materia a través das clases, de MooVi, e das referencias bibliográficas recomendadas.
2. SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS Na segunda edición das actas, aquelas/es estudantes que cumpren as condicións da avaliación continua conservarán a puntuación das prácticas, exercicios e exames aprobados e deberán realizar só o exame ou exames parciais suspensos. Para os/as restantes estudantes que non superaran a materia na primeira edición, a avaliación levarase a cabo mediante un exame global de toda a materia, que constituirá o 100% da cualificación. O exame terá lugar na data oficial aprobada pola Xunta de Facultade. |