Código |
Descrición |
A1 |
Que o estudantado demostre posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
A2 |
Que o estudantado saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
B5 |
Capacidade do estudantado para comprender as interrelacións pertinentes entre os diversos ámbitos de estudo que integran o título.
|
B6 |
Capacidade de apreciar outras culturas e competencia para sensibilizar á contorna propia na apreciación da diversidade intercultural. |
B7 |
Coñecer os métodos básicos do estudo e análise lingüísticos e literarias. |
B8 |
Capacidade para participar en debates e actividades de grupo e organizalos, desenvolvendo un pensamento autónomo e crítico. |
C3 |
Capacidade de adquirir os fundamentos teóricos e aplicados que ofrece a lingüística nas principais paradigmas do estudo e descrición das linguas, así como de sintetizar, relacionar e describir as literaturas da primeira lingua estranxeira provenientes de distintos ámbitos culturais e sociais, períodos, xéneros e movementos. |
C4 |
Habilidade para adquirir as ferramentas e técnicas metodolóxicas básicas para o estudo e a análise lingüística e literaria. |
C5 |
Capacidade de adquirir os coñecementos necesarios para a comprensión, desenvolvemento, análise, avaliación e aproveitamento para o futuro profesional dos recursos lingüísticos e literarios. |
C8 |
Capacidade de formular razoamentos críticos con respecto aos campos de estudo lingüístico e literario que conduzan á adquisición dun método sólido de análise lingüística e literaria que transcenda a mera aproximación subxectiva e intuitiva ás linguas e textos obxecto de estudo. |
C13 |
Habilidade para ampliar o interese polas linguas, a literatura, a cultura, e pola lingüística teórica e aplicada. |
D3 |
Sustentabilidade e compromiso ambiental. Uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos. |