Nesta materia trátase de adquirir coñecementos intermedios de Lingua Portuguesa, chegando ao nivel B1 do Marco Común Europeo de Referencia das Linguas, xunto con coñecementos sobre as culturas de expresión portuguesa no mundo. Polo tanto: ao superar a materia, a/o estudante acadará un nivel B1 segundo o Marco común Europeo de Referencia para as Linguas.
Aviso importante para estudantes Erasmus: O ensino de Lingua Portuguesa na UVigo está dirixido a persoas que teñen o Galego e/ou o Castelán como linguas maternas, de maneira que a progresión adoita ser rápida. Por iso, non se recomenda a inscrición a estudantes Erasmus que non teñan xa un nivel B1 nestas linguas e, como mínimo, un nivel A2 alto en Lingua Portuguesa.