Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Idioma moderno: Segundo idioma estranxeiro II: Portugués
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
A2 Que o estudantado saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
A4 Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado.
A5 Que os estudantado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
C1 Capacidade para comunicarse nas linguas de estudo no grao, en diferentes contextos sociais, profesionais e culturais coas/os falantes das devanditas linguas, desenvolvendo as destrezas de comprensión e expresión orais e escritas, e mostrando actitudes de tolerancia cara á diversidade social e cultural, incluíndo a defensa dos dereitos fundamentais, de igualdade social, de xénero, raza e orientación sexual, e os valores propios da democracia e a cultura da paz.
C5 Capacidade de adquirir os coñecementos necesarios para a comprensión, desenvolvemento, análise, avaliación e aproveitamento para o futuro profesional dos recursos lingüísticos e literarios.
C10 Habilidade para mostrar coñecemento sobre outras culturas e expresións artísticas e para ser competente de sensibilizar ás persoas da contorna na apreciación da diversidade, interculturalidade e multiculturalidade. Así mesmo, capacidade de explorar as repercusións sociais, profesionais, educativas e culturais dos usos lingüísticos e da aprendizaxe das linguas estudadas no grao.
C11 Habilidade para visibilizar e poñer en valor as achegas feitas polas mulleres á literatura e a cultura producida no primeiro idioma estranxeiro nos seus diferentes ámbitos xeográficos e culturais. De igual modo, capacidade de identificar os mecanismos de exclusión e discriminación das mulleres na linguaxe e adquirir formación no uso de linguaxe inclusiva.
D1 Capacidade para comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria.
D3 Sustentabilidade e compromiso ambiental. Uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000