Materia de formación básica común aos graos en Linguas Estranxeiras e Filoloxía Aplicada Galega e Española. Preténdese que o estudantado coñeza os acontecementos do pasado humano e dos procesos xerais de cambio e continuidade da humanidade nunha perspectiva diacrónica, desde a Idade Media ata os nosos días, nas súas vertentes política, económica, social e cultural, prestando unha especial atención á Península Ibérica, Reino Unido e os Estados Unidos de América.