Esta materia ocúpase da lingua instrumental centrándose no desenvolvemento das destrezas de Reading e Writing. Prestaráselle atención á comprensión e á expresión escrita, á cohesión, á coherencia, aos tipos de texto, aos aspectos retóricos e de organización, así como ao uso do vocabulario e a gramática a través de diferentes temas e textos. É recomendable posuír un nivel B1 para cursar a materia; ao rematar o curso debería posuírse un nivel B1.2.