Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Idioma moderno: Primeiro idioma estranxeiro II: Inglés
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Presentación da materia e orientación xeral sobre a mesma. Explicación detallada do proceso de avaliación que se seguirá na materia. Diagnóstico inicial para detectar os coñecementos previos do alumnado e descubrir os seus intereses e motivacións.
Lección maxistral Presentación e explicación dos contidos da materia relacionados coas destrezas 'Grammar for Writing' e 'Academic Vocabulary'.
Resolución de problemas de forma autónoma Análise e resolución de exercicios prácticos relacionados cos contidos teóricos e as destrezas comunicativas traballados na materia e tomados de diversas fontes, a realizar polo alumnado de forma autónoma dentro ou fóra da aula.
Seminario Revisión conxunta, por parte do alumnado e profesorado, do desenvolvemento das actividades da materia e do proceso de aprendizaxe.
Traballo tutelado Elaboración de traballos escritos tutelados na aula sobre a destreza comunicativa de 'Writing'.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000