Código |
Descrición |
A1 |
Que as/os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que se atopa a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
A2 |
Que as/os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
A3 |
Que as/os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
A5 |
Que as/os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
B3 |
Adquirir os fundamentos teóricos e aplicados que ofrece a lingüística nos principais paradigmas do estudo e descrición das linguas, así como sintetizar, relacionar e describir as literaturas da primeira lingua estranxeira provenientes de distintos ámbitos culturais e sociais, períodos, xéneros e movementos. |
B4 |
Adquirir as ferramentas e técnicas metodolóxicas básicas para o estudo e a análise lingüística e literaria. |
B5 |
Adquirir os coñecementos necesarios para a comprensión, desenvolvemento, análise, avaliación e aproveitamento para o futuro profesional dos recursos lingüísticos e literarios. |
B6 |
Construír argumentos sólidos sobre os temas e textos a estudar, seguindo as convencións académicas, empregando evidencias suficientes que corroboren os razoamentos expostos, facendo uso dos recursos bibliográficos e electrónicos dispoñibles, especialmente os orientados á investigación lingüística e literaria e á docencia das linguas impartidas no grao. |
B10 |
Mostrar coñecemento sobre outras culturas e expresións artísticas e ser competente para sensibilizar as persoas do entorno na apreciación da diversidade, interculturalidade e multiculturalidade. Así mesmo, explorar as repercusións sociais, profesionais, educativas e culturais dos usos lingüísticos e da aprendizaxe das linguas estudadas no grao. |
B11 |
Visibilizar e valorar as contribucións feitas polas mulleres á literatura e á cultura producida no primeiro idioma estranxeiro nos seus diferentes ámbitos xeográficos e culturais. De igual modo, identificar os mecanismos de exclusión e discriminación das mulleres na linguaxe e adquirir formación no uso de linguaxe inclusiva. |
B12 |
Ser competente para utilizar as novas tecnoloxías como recurso metodolóxico, de investigación, didáctico e de comunicación. |
B13 |
Ampliar o interese polas linguas, a literatura, a cultura, e pola lingüística teórica e aplicada. |
C95 |
Coñecer os principios e mecanismos do cambio léxico, semántico, fonolóxico, morfolóxico e sintáctico. |
C96 |
Ser capaz de identificar e analizar as variables (internas e externas) que poidan afectar o uso dunha lingua e provocar un cambio lingüístico. |
C97 |
Adquirir coñecementos imprescindibles para explicar os cambios máis significativos sufridos polo léxico, ortografía, fonoloxía, morfoloxía e sintaxe do primeiro idioma estranxeiro desde as súas orixes ata a actualidade. |
C98 |
Adquirir as ferramentas metodolóxicas básicas para a análise lingüística de textos de diferentes etapas históricas do primeiro idioma estranxeiro. |
C99 |
Manexar adecuadamente e explotar con aproveitamento os recursos dispoñibles para o estudo e análise do primeiro idioma estranxeiro: cursos na rede, exercicios con autocorreción na rede, dicionarios históricos e etimolóxicos en papel, en CD-ROM e na web, concordancias, corpora históricos, paquetes estatísticos, manuscritos dixitalizados en liña, etc. |
C102 |
Adquirir interese pola historia das linguas e os principios universais de cambio lingüístico e a súa importancia á hora de explicar (as aparentes irregularidades de) os idiomas modernos. |
C103 |
Entender que o cambio lingüístico é un fenómeno continuo (e non suma de diversos estadios sincrónicos) e inevitable non un síntoma de corrupción ou dexeneración da lingua que o sofre. |
C104 |
Comprender a relación existente entre variación sincrónica e cambio diacrónico. |
C105 |
Comprender a interacción existente entre lingua, historia e sociedade. |