Guia docente 2024_25
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Lingua e sociedade do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Recomendacións

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Variación e cambio do primeiro idioma estranxeiro: Inglés/V01G180V01911

 
Outros comentarios
O nivel de inglés para seguir este curso debe ser un nivel avanzado, mínimo C1. É obrigatorio para todo o alumnado subir unha foto á plataforma de teledocencia durante a primeira semana de clase. A foto debe ser tipo carné ou suficientemente clara para apreciar a cara da/o estudante. Non se publicarán as notas de avaliación do estudantado que non proporcione foto. É responsabilidade do alumnado dispoñer dos medios telemáticos precisos para levar un bo seguimento das probas de avaliación e da materia. En caso de ter algún problema de tipo técnico que dificulte o acceso á docencia virtual, o alumnado debe poñelo canto antes en coñecemento dos servizos técnicos da universidade (SAUM), onde poderá recibir asesoramento. Os criterios aquí descritos tamén se aplicarán ao alumnado alleo (Erasmus, etc.). É responsabilidade do alumnado alleo ter coñecemento das datas de avaliación e da súa compatibilidade cos prazos de actas na universidade de orixe. En caso de non poder acceder á plataforma de teledocencia, o alumnado alleo deberá contactar co profesorado da materia canto antes. Cómpre recordar ao alumnado que deben respectar os dereitos de copyright tanto dos libros utilizados como apoio á docencia coma dos materiais orixinais elaborados e facilitados polas docentes na aula ou a través da plataforma de apoio á docencia.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000